Segundo os nosos estatutos a finalidade deste Centro Galego é:

  • Agrupar aos galegos residentes no territorio da Comunidade Autónoma de La Rioja.
  • Facilitar no posible toda prestación de mutuo auxilio entre os asociados e galegos en xeral.
  • Prestar toda asistencia moral e material aos galegos que a precisen, sexan ou non socios.
  • Apoiar e promocionar cantas actividades se desenvolvan en pro do coñecemento da literatura, lingua, costumes, arte e folclore de Galicia.