A comisión provisoria constituiuse o 21 de agosto de 1927, e a primeira Asamblea Xeral Extraordinaria celebrouse o 27 de novembro dese mesmo ano. Nela acordaron realizar actividades de asistencia e obra social para aqueles socios con menos recursos.
No rexistro histórico de actas das reunións da Comisión directiva, consta que unha considerable porcentaxe do recadado en bailes, festas e festivais fora destinado ás asociacións intermedias: Sociedad de Beneficencia e Bomberos Voluntarios del Boxing Club.
A súa sede social, en propiedade, dispón de dous salóns para festas (o histórico de 400 m2) e un salón auxiliar para facer por separado as actividades que teñen lugar no centro, ademais dunha biblioteca e oficinas.
Esta entidade é centro colaborador da Xunta de Galicia desde o 1 de setembro de 2003 e na actualidade conta con 157 socios, dos que 18 son galegos.